A Cofradía del Mayor Dolor enche as rúas coa procesión máis feminina da Semana Santa
Por Diego Torrado
A xornada máis feminina de toda a Semana Santa pontevedresa congregou este mércores a centos de fieis polas rúas de Pontevedra. A procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao Lombo percorreu a partir das 20.30 horas, tras a misa na basílica de Santa María, toda a contorna das rúas Amargura, IsabelI, Real, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Santa María e deu paso xa á segunda parte da Semana Santa, o Triduo Pascual.
A Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor foi a protagonista indiscutible deste Mércores Santo. De loito rigoroso, con habito negro, mantilla e luvas negras, rosario e candea, as integrantes da única irmandade formada integramente por mulleres acompañan todas as procesións programadas durante a semana, pero este mércores son as organizadoras tras recuperar xa en 1994 a procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao Lombo.
O Triduo Pascual, o período que entre este Xoves Santo e a madrugada do Domingo conmemora a paixón, morte e resurrección de Cristo, arranca coa procesión dos Pasos, na que despois da misa das 20.00 horas na basílica de Santa María sairán á rúa as sete confrarías da cidade.
É unha das grandes citas da Semana Santa, na que procesionan a Cruz Parroquial e os pasos da Última Cea (Cofradía del Mayor Dolor), a Oración de Jesús no Horto (Cofradía de Nuestra Señora del Amor Hermoso), Jesús Cativo e paso da Flagelación de Jesús (Cofradía del Silencio), Jesús atado á columna (Cofradía del Cuerpo Santo), Ecce Homo (Cofradía del Espíritu Santo), Cristo coa Cruz ao lombo (Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas) e Santísimo Cristo da expiración e Virxe da Soidade (Cofradía de la Vera-Cruz y Misericordia).
A procesión dos Pasos é a única organizada polas sete confrarías de Pontevedra e percorrerá Santa María, a Praza de España, Michelena, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga, para volver ata a Avenida de Santa María.
Relacionadas:
-
A Semana Santa de Pontevedra baixa o pano coa procesión do Resucitado
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Semana Santa pontevedresa entra na súa recta final tras a procesión do 'Santo Enterro'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A procesión do Encontro anima a mañá do Venres Santo en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- Canto custan e canto reportan as procesións de Semana Santa?
Por Marisa Ciordia |
-
A multitude réndese ao paso das sete confrarías da Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
RADIO.- Canto custan e canto reportan as procesións de Semana Santa?
Por Marisa Ciordia |
-
O Xesús Nazareno cumpre coa tradición do Martes Santo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Cristo das Caídas volve percorrer a Boa Vila o Luns Santo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Milleiros de palmas e ramos reciben á 'Borriquita' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |