O goberno local asegura que "non cabe falar de indemnizacións" pola situación do polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez
"O polígono industrial de Sanxenxo ten plenas posibilidades de desenvolvemento. Non cabe por tanto falar de indemnizacións", esta é a mensaxe trasladada polo goberno local á xunta de compensación do SU 15 tras a reunión do consello reitor celebrada para abordar diversas cuestións relativas coa situación deste ámbito.
Gonzalo Pita, alcalde de Sanxenxo, trasladou aos presentes o seu malestar por unha actitude que, segundo explicou, non se corresponde co traballo realizado polo goberno local nestes dous últimos anos.
Ao termo do encontro, Gonzalo Pita compareceu ante os medios de comunicación acompañado polo tenente alcalde, David Otero; o concelleiro de Urbanismo, Daniel Fernández e a edil de Medio Ambiente, Coral González-Haba, para deixar claro unha vez máis que a intención do goberno local é "continuar traballando para recepcionar o polígono industrial".
"E é que o que non pode tolerar o goberno local é que a xunta de compensación defina como inacción o traballo dos dous últimos anos", sinalaron.
O portavoz do goberno, David Otero, insistiu tamén en que a intención da xunta de compensación de reclamar danos e prexuízos ao Concello "non é coincidente coa nosa liña de traballo", aínda que insistiu que o goberno de Sanxenxo debe defender os intereses do conxunto dos veciños polo "ainda que parece que agora está de moda reclamar á administración, non podemos aceptar este prantexamento".
Relacionadas:
-
Telmo Martín asegura que o polígono de Nantes podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Pita culpa o PP das trabas ao polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo propón conectar o polígono de Nantes á rede municipal de saneamento
Por Redacción |
-
Augas de Galicia no aprueba conectar o saneamento do polígono industrial de Nantes coa EDAR de Meaño
Por Redacción |
-
Convenio entre Sanxenxo e Meaño para resolver "definitivamente" o saneamento do polígono industrial
Por Redacción |