Moreira afirma que os cambios no Concello revelan que o "desastre" do goberno municipal "era un clamor"
Por Alejandro Espiño
Cos cambios efectuados no seu equipo o alcalde de Pontevedra recoñece, segundo o Partido Popular, que o "desastre" do goberno municipal "era un clamor". Así o destacou Jacobo Moreira, tras sinalar que ante o "agotamiento" do BNG Lores "tenía que mover ficha". Iso si, engadiu que a pesar desta remodelación "todo va a seguir igual".
"El gobierno es el mismo, los concejales son los mismos y el alcalde es el mismo, los que han llevado a Pontevedra a una situación de parálisis", lamentou o portavoz popular.
Moreira destacou que Lores "ha reconocido" con estes cambios o "frenazo" á tramitación de proxectos, as "diferencias" existentes entre o ámbito urbano e o rural ou que no BNG "no existe coordinación". Todo iso provoca, afirmou, que o equipo de Lores "no tiene ni ganas ni tiene proyecto" para Pontevedra.
Así, o líder do PP local ironizou ao asegurar que "si la orquesta suena mal porque tiene malos músicos, por mucho que redistribuyas los instrumentos, va a seguir sonando mal".
Os populares centraron as súas críticas especialmente en dous concelleiros: Luís Bará e Carmen Fouces, aos que consideran os "más perjudicados" polos cambios no goberno. "Evidenciouse que facían mal o seu traballo", dixo.
Con respecto a Bará, o portavoz do PP asegurou que foi unha "irresponsabilidad" de Lores mantelo no goberno tras acceder ao Parlamento galego. Esa situación levou ao goberno ao seu "peor año de gestión" e por iso, segundo Moreira, o alcalde "le ha relevado".
Agora, os populares pregúntanse que pasará coas obras comprometidas polo edil.
A saída de Fouces de servizos sociais proba a "degradación" que se produciu nesta área de xestión municipal que, segundo os populares, estaba a ser "destrozada" pola responsable política nesta materia.
O PP espera que o cambio por Anxos Riveiro "sea para mejor", aínda que engadiu que "hacerlo peor es francamente difícil".
Relacionadas:
-
Moreira reduce os logros de Lores a unha "explanada" para autocaravanas e un "banco corrido" na Ferrería
Por Alejandro Espiño |
-
Marea ve "esgotamento" do BNG na remodelación do goberno
Por Redacción |
-
Remodelación "profunda" do goberno de Lores coincidindo co ecuador do mandato
Por Alejandro Espiño |