Un mozo de 23 anos, detido por vender haxix e marihuana preto dun instituto
Por Redacción
A denuncia dun cidadán permitiu á Policía Nacional desarticular un punto negro de venda de droga en Pontevedra. Trátase da vivenda dun mozo de 23 anos, situada preto dun instituto. Ao detido impútaselle un delito de tráfico de drogas por vender haxix e marihuana. Entre os seus clientes, segundo as autoridades, había menores de idade.
Esta operación, denominada "Papillón", ten a súa orixe na alerta dada por un veciño do barrio, coa que informou a Policía que nun dos pisos da zona estaban a vender droga "polo miúdo".
Iso foi a finais de 2016. Tras iniciar a investigación, a comisaría recibiu novas denuncias cidadás nas que se avisaba da gran afluencia de mozos á dita vivenda.
Moitas desas persoas, segundo a Policía, quedaban pola zona consumindo as sustancias estupefacientes que previamente adquiriran ao detido.
Os axentes lograron interceptar cinco vendas de pequenas cantidades de haxix e marihuana a outros tantos compradores, algúns deles menores de idade e alumnos do instituto situado nos arredores da vivenda na que, segundo os investigadores, se vendía a droga.
Relacionadas:
-
As denuncias por drogas na contorna dos colexios, en descenso: 19 en 2016, cero no que vai de ano
Por Redacción |
-
Detidas 19 persoas que distribuían droga entre a mocidade de Pontevedra no río Gafos
Por Redacción |
-
Desarticulan un punto de venda de drogas achegado aos colexios de Campolongo
Por Redacción |