As denuncias por drogas na contorna dos colexios, en descenso: 19 en 2016, cero no que vai de ano
Por Redacción
A campaña permanente de vixilancia que mantén a Policía Local de Pontevedra na contorna dos centros escolares ha dado os seus froitos. Durante o que vai do ano 2017, o corpo policial detectou un descenso "considerable" das denuncias formuladas por tenencia e consumo de drogas na contorna dos colexios. De feito, os axentes non realizaron ningunha denuncia en todo o trimestre.
Segundo a memoria de actividade da Policía Local, o primeiro semestre de 2017 deixou o mellor dato desde que se puxo en marcha a campaña no ano 2006. A modo comparativo, é relevante contrapoñer os datos cos do ano inmediatamente anterior. En 2016 realizáronse 19 denuncias por tenencia e consumo de drogas nas contornas escolares e interviñéronse 5,4 gramos e catro porros de haxix e 4,3 gramos e tres porros de marihuana. En 2015 foran 18 denuncias e en 2014, 32.
Esta campaña policial ten un fin preventivo, con actuacións tendentes a detectar situacións relacionadas coa xestación de 'pandillas' violentas, situacións de acoso escolar, violencia nos centros escolares e tráfico e consumo de drogas.
No que ten que ver con este último punto, as actuacións desenvolvidas polos axentes inclúen a detección destes feitos, denuncia e aviso aos pais, a imputación do presunto delincuente e a súa posta a disposición de xudicial. Para iso, manteñen operativa unha campaña de vixilancia que pon o seu foco de atención en especial nos institutos de Bacharelato e Formación Profesional e tamén colabora coa Comisaría Provincial da Policía Nacional para poñer en marcha campañas específicas.
No marco desta campaña de seguridade na contorna dos centros educativos, durante o ano 2016 realizáronse un total de 83 controis nos oito centros de secundaria de Pontevedra e, ademais das 19 infraccións relacionadas coas drogas, tamén se detectaron 46 casos de absentismo escolar e os axentes localizaron nove menores que fuxiran.
O número de centros controlados é o mesmo que nos anos anteriores e estes controis mantivéronse ao longo do primeiro trimestre de 2017. Nestes tres primeiros meses destaca que non houbo ningunha denuncia por drogas, pero nos 27 controis xa realizados xa se detectaron dous casos de absentismo escolar.
Se en lugar de tomar como referencia o ano natural tómase o ano escolar, este curso 2016-2017 acumula seis denuncias por tenencia ou consumo de drogas nas contornas escolares, unha en outubro, catro en novembro e unha en decembro. No que vai de curso escolar tamén se denunciaron xa 12 casos de absentismo escolar no total de 54 controis realizados.
A vixilancia da Policía Local de Pontevedra sobre o consumo, venda e consumo de drogas non é exclusivo dos centros escolares, senón que os axentes prestan atención a todo tipo de espazos públicos e realízanse controis preventivos que durante o ano 2016 derivaron nun total de 96 denuncias por consumo ou tenencia de drogas na vía pública (82 por levalas e 14 por tomalas) e 26 persoas investigadas por tráfico de drogas, das que 16 foron detidas e ás outras se lles notificou a súa investigación sen arrestarlles previamente.
Neses controis a Policía Local interveu durante todo o ano 2016 un total de 308 gramos de haxix, 103 de cocaína, 157 de marihuana, 50 de substancia de corte, un gramo de anfetamina e oito pastillas de ansiolíticos utilizados como drogas. Tamén incautaron 4.965 euros en metálico.
Relacionadas:
-
Os controis de drogas practicados pola Policía Local dan positivo no 40% dos condutores
Por Oskar Viéitez |
-
Un mozo de 23 anos, detido por vender haxix e marihuana preto dun instituto
Por Redacción |
-
Desarticulan un punto de venda de drogas achegado aos colexios de Campolongo
Por Redacción |
-
A Policía Local intensifica o control nos centros escolares
Por Redacción |
-
A vixiancia dos centros escolares, obxectivo prioritario para a Policía Local
Por Oskar Viéitez |