A Festa da Raia, punto de partida da quinta Ruta Cabalar
Por Redacción
A quinta edición da Ruta Cabalar terá un inicio especial, dentro dos actos da Festa da Raia que se desenvolverá durante a fin de semana na lonxa de Portonovo.
Desde a vila mariñeira iniciarase unha marcha na que participarán un total de 80 xinetes e amazonas.
Iniciarán a súa andaina ás 10:00 horas do sábado cunha homenaxe do concelleiro de festas, Jesús Sueiro, que lles obsequiará con empanadas de raia aproveitando a celebración da festa gastronómica.
En canto deixen atrás Portonovo dirixiranse cara Meaño e Meis, onde degustarán os callos para continuar despois ata Pontevedra, onde pernoitarán. Xa o domingo a Ruta Cabalar continuará a marcha ata Sabucedo, A Estrada, onde chegarán tras completar 80 quilómetros de percorrido.