A cambadesa Maru Pardal é a nova secretaria das mocidades do PP europeo
Por Redacción
A cambadesa Maru Pardal foi nomeada secretaria xeral das mocidades do Partido Popular Europeo (YEPP) en representación de Novas Xeracións do Partido Popular de España.
Tras obter o 100% dos votos no congreso celebrado na cidade croata de Dubrovnik, a xa secretaría xeral destacou a importancia de facer fronte aos retos aos que se enfronta a súa xeración de maneira "conxunta e coordinada" a nivel europeo, como a "loita contra o auxe de movementos populistas extremistas", o "euroescepticismo" e a "crise de identidade europea" ou a "gran ameaza" que supón o terrorismo yihadista para a sociedade occidental.
A organización, tal e como indicou o PP nun comunicado, será presidida polo romanés Andrianos Giannou, ademais de contar coa española como secretaria xeral, contará con nove vicepresidencias, elixidas por cada organización xuvenil adscrita á YEPP.
No transcurso do congreso, o novo presidente de Novas Xeracións o concelleiro vigués, Diego Gago, destacou "a importancia que supón para Novas Xeracións de España o nomeamento de Maru Pardal como secretaria xeral da YEPP co voto unánime de toda Europa". "Un papel de relevancia que destaca a responsabilidade que NNGG adquire na política europea", subliñou Gago.