Tres acusados de trapicheo sentarán no banco da Sección Segunda
Por Oskar Viéitez
Para este xoves están sinalados dous xuízos por tráfico de drogas na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra.
O máis madrugador, sinalado para as 10.15 horas, sentará no banco a dúas persoas acusadas de vender sustancias estupefacientes. A fiscal pide para cada un deles tres anos e nove meses de prisión, ademais do pago dunha multa.
A Fiscalía e os avogados da defensa tentarán pechar un acordo de conformidade que reduza a petición de pena a cambio da confesión dos feitos.
O seguinte xuízo teñen como protagonista a unha muller do Grove que foi sorprendida cando tiña na súa poder unha ducia de papelinas de heroína ocultas entre a súa roupa (valoradas en 100 euros) e 72 comprimidos de trankimazin para a súa venda (valorados en 300 euros) e unha bolsita cunha sustancia que podería ser anfetamina cun valor duns 16,88 euros.
A Fiscalía pide unha pena de catro anos e medio de prisión por este suposto trapicheo.