O Goberno estudará dotar a Bueu dun posto permanente da Garda Civil se o Concello achega o local
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, trasladou este martes ao alcalde de Bueu, Félix Juncal unha condición para que se estude a súa petición de dotar dun posto permanente da Garda Civil a esta localidade do Morrazo. O Concello deberá achegar o local.
Ana Ortiz explicoulle que, en canto recibiu a petición, a Subdelegación do Goberno trasladouna ao Ministerio de Interior, que é o departamento gobernamental que ten competencias nesta materia. Engadiu que "se estudaría a proposta" se se facilita un local para albergar as dependencias.
O alcalde e a subdelegada presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade de Bueu, que solicitara o Concello e á que tamén asistiron representantes municipais, da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local, segundo informou a Subdelegación do Goberno.
No transcurso desa reunión púxose de manifesto que o índice delincuencial do municipio mantíñase en niveis similares a anos anteriores e Ana Ortiz explicou que, como todos os anos, reforzarase o número de axentes da Garda Civil durante o verán.
Relacionadas:
-
77 aspirantes para as oito prazas de auxiliares na Policía Local de Bueu
Por Redacción |
-
Que Bueu non teña cuartel da Garda Civil "no quiere decir que no esté atendida", matiza a subdelegada do Goberno
Por Redacción |
-
Piden á Subdelegación do Goberno un posto permanente da Garda Civil en Bueu
Por Redacción |