Os traballadores non aceptan os recortes e manteñen a folga no comercio e alimentación
Por Oskar Viéitez
O salón de actos do Edificio dos sindicatos acolleu este domingo 17 de marzo a asamblea dos traballadores do sector de Comercio e Alimentación de Pontevedra, preparatoria da folga dos días, 25, 26, 27,28 y 30 deste mes.
Na asemblea os traballadores marcaron as súas liñas vermellas que pasan por manter as actuais condicións salariales e laborais recollidas no convenio provincial vencido o 31 de decembro de 2011, máis unha subida salarial equivalente ao IPC.
Esta é a mensaxe que deberán trasladar aos empresarios do sector o vindeiro martes, recalcando que só baixo esas premisas abortarán a folga convocada para Semana Santa.
Os portavoces de CIG, Marcos Cadórniga, de Comisións Obreiras, Carlos Búa, e de UGT, Carlos Esperón, expuxeron os términos para o novo convenio provincial propostos pola patronal na última negociación. A grandes trazos supoñen unha conxelación salarial, supresión da promoción interna automática, eliminación da antigüidade, ampliación de xornada ou medidas como ter que recuperar as horas perdidas por ir ao médico.
Os traballadores, que enchían o salón de actos, rexeitaron os términos deste acordo proposto polos empresarios dun sector que da traballo a preto de 15.000 persoas na provincia.
Os sindicatos CIG, CC OO e UGT esixen que, para negociar o novo convenio provincial se tome como base o último, "a partir de aquí pódese falar de todo", recalcan. O acordo, para que non decaia o marco laboral actual, deberá asinarse antes de que finalice xullo.
Relacionadas:
-
Patronal e sindicatos negocian en Vigo para resolver o conflito no sector da alimentación
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Inspección de Traballo media esta tarde entre patronal e sindicatos para evitar a folga da alimentación
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Un "pequeno paso" para os sindicatos pero "un gran salto" para a patronal
Por Oskar Viéitez |
-
A patronal da alimentación cita os sindicatos este venres co propósito de frear a folga de Semana Santa
Por Anxo Lourido |
-
Os sindicatos intentarán impoñer o xaxún toda a Semana Santa
Por Natalia Puga |