Visibilizar os pacientes de Crohn ou colite ulcerosa, obxectivo dunha xornada informativa no Pazo da Cultura
Por Redacción
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestina (ASSEII) de Pontevedra organizará o sábado 6 de maio no Pazo da Cultura a segunda xornada informativa para pacientes e coidadores de persoas que sofren enfermidades intestinais como o Cronh ou a colite ulcerosa.
Nesta ocasión na xornada, que pretende visibilizar e normalizar aos persoas que sofren estas enfermidades, terá especial protagonismo a nutrición. Ese será o eixo da primeira das charlas, ás 10:00 horas, a cargo de Cristina Días (Clínica Nutrición San Lázaro) e o chef Pepe Solla.
A adherencia ao tratamento será o tema da segunda charla, a cargo do doutor Ronsel Fernández (11:00 horas), continuando a xornada co manexo das novas tecnoloxías aplicado ás enfermidades intestinais (12:15 horas a cargo do doutor Pablo Pérez Galindo) e a discapacidade (13:15 horas impartida por Ana María Castro, do Colexio Provincial de avogados).
Como colofón á fin de semana o domingo 7 de maio ASSEII participirá nunha actividade ao aire libre enmarcada dentro do programa Xuntos no Camiño, cunha ruta de 5 quilómetros polo Camiño de Santiago que partirá ás 9:00 horas de Chapela.
Relacionadas:
-
Atención "multidisciplinar" para mellorar o coidado dos pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal
Por Redacción |
-
A Pontevedrada segue sumando quilómetros solidarios
Por Cristina Saiz & Redacción | Creada e actualizada
-
Montecelo, primeiro hospital en España con aseos adaptados para pacientes ostomizados
Por Redacción |
-
Cinco asociacións de Pontevedra poñen en marcha o proxecto "Xuntos no Camiño"
Por Redacción |