"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
Unha "broma de mal gusto". Así cualificou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o feito de que o aínda alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, citase o proxecto de reforma da rúa Luís Rocafort, impulsado polo goberno provincial, como a "gota que colmou o vaso" nas "discrepancias" existentes no seo do tripartito.
Silva advertiu que "ninguén se atreva" a responsabilizar á Deputación do cambio de goberno en Sanxenxo, tras o acordo entre SAL e o PP. "Sei perfectamente o que hai detrás", asegurou.
O "fondo da cuestión" non son, dixo a presidenta provincial, as "dezaoito prazas de aparcamento" que se suprimirán con esta reforma integral da rúa, xa que lembrou que o convenio foi asinado "de común acordo" co alcalde.
"Non podo tomar en serio que nos responsabilicen de investir máis 1,5 millóns de euros nunha obra en Sanxenxo", afirmou a dirixente socialista, que cualificou o ocorrido como unha "tomadura de pelo".
A xustificación do alcalde de Sanxenxo "non se sostén", sinalou Silva, que pediu "seriedade" ao actual rexedor porque a súa "desculpa", dixo, "non a cre ninguén".
Con respecto ao futuro alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a presidenta da Deputación sinalou que na provincia de Pontevedra "todo o mundo" coñece a súa traxectoria e destacou que mentres algúns políticos "levan mochilas libres de cargas, outros lévanas cheas de tristes e terribles cargas".
"MOCIÓN DE CENSURA ENCUBERTA"
O secretario provincial do Partido Socialista de Pontevedra, Santos Héctor, afirmou con rotundidade que "non teño ningunha dúbida de que detrás desta moción de censura encuberta está o señor Rueda" e sinalou que "no ADN do PP está facer da política un vertedoiro".
Santos Héctor afirmou que o presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, "segue o modelo que implantou o señor Louzán na provincia de Pontevedra".
Neste sentido cualificou ao acordo asinado por Gonzalo Pita e Telmo Martín como "un episodio vergoñoso máis na historia do PP".
Ademais alertou da "traxectoria chea de sombras" de Telmo Martín "que agora tamén está a manchar ao señor Pita", apuntando que ningún dos dous son "dignos representantes" dos veciños de Sanxenxo.
Finalmente tachou de "ridícula" a xustificación de Gonzalo Pita para romper o pacto con socialistas e nacionalistas situando como detonante as discrepancias xurdidas coa reforma da avenida Luís Rocafort, unha obra impulsada pola Deputación de Pontevedra e á que se opoñía, nos seus termos actuais, o alcalde, mentres era defendida polos seus socios de goberno.
"Deberiamos saber que ocultan", concluíu.
Relacionadas:
-
A obra de Luís Rocafort incorporará a zona axardinada diante do edificio Telleira
Por Redacción |
-
Carmela Silva responde á carta de Telmo Martín: "excusatio non petita accusatio manifesta"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Telmo Martín lamenta os "desplantes públicos" que lle fai a presidenta da Deputación
Por Redacción |
-
O luns comezará a segunda fase da reforma de Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Carmela Silva recomenda ao PP que tome tila porque "están moi nerviosos"
Por Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Gonzalo Pita deixa a Alcaldía entre reproches e protestas, pero con brinde final
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pita cualifica de "foco radical" aos militantes do seu partido contrarios ao pacto co PP
Por Oskar Viéitez |
-
Pontón pide a Feijóo que pare o "pelotazo á democracia" coa "moción de censura encuberta" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP provincial acusa a Carmela Silva de instalar a censura na Deputación
Por Anxo Lourido |
-
Sanxenxo e Portonovo, alagados de panfletos contra Gonzalo Pita e outros tres concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP provincial, a Carmela Silva: "É a primeira vez que unha Deputación colabora para destruír un goberno"
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "Con este pacto estase a corrixir un erro que cometeu o PP no 2011"
Por Oskar Viéitez |
-
"O concepto de lealdade que el entende é apuñalar por detrás aos seus socios de goberno e xurar pleitesía a Telmo Martín"
Por Oskar Viéitez |
-
Pita asina un pacto de goberno co PP e entrega a alcaldía de Sanxenxo a Telmo Martín
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito de Sanxenxo salta polos aires e coloca a Telmo Martín preto da Alcaldía
Por Redacción |