Lombos e itinerarios peonís para acabar coas carreiras no Campiño
Por Alejandro Espiño
O polígono industrial do Campiño será o próximo ámbito do municipio onde se tomarán medidas para o acougado do tráfico. Así o anunciou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.
O Concello aprobou sacar a licitación o proxecto para mellorar a seguridade viaria no polígono, para o que inicialmente se reservan 197.000 euros. A empresa que se adxudique este contrato terá que executar a obra nun prazo de tres meses.
Raimundo González explicou que esta actuación, fundamentalmente, consiste en habilitar itinerarios peonís en todo o ámbito do polígono e instalar lombos, co obxectivo de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria da zona.
Pero con este proxecto, o goberno municipal tamén pretende acabar coas carreiras e as quedadas para realizar manobras de condución temeraria que se producen, especialmente, durante as fins de semana.
O portavoz do Concello indicou que estes encontros celébranse sobre todo nunha zona ampla de aparcadoiro que está situada nun dos extremos do polígono, preto do cruzamento que vai cara á Fracha.
Con estas medidas, engadiu González, búscase "romper o circuíto" que atopan estes condutores no polígono, impedindo que adquiran velocidades elevadas.
Relacionadas:
-
As obras de acougado de tráfico no Campiño, a partir do luns
Por Diego Espiño |
-
Moreira advirte que Pontevedra regulará os lombos "le guste a Lores o no"
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Verducido piden a retirada dos lombos na estrada do Pontillón do Castro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta de Goberno aproba máis de 600.000 euros para proxectos de accesibilidade e seguridade viaria
Por Redacción |
-
RADIO.- "Si, existe risco para a seguridade en exhibicións como as do Campiño"
Por Marisa Ciordia |
-
A Garda Civil disolve unha concentración ilegal de vehículos no Campiño
Por Redacción |