Investigan un roubo na gasolineira de Mollabao polo método do butrón
Por Redacción
A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar un roubo polo procedemento do butrón rexistrado durante a pasada fin de semana na estación de servizo de Mollabao, en Pontevedra, e agora estase tentando pescudar se ten algún tipo de relación cun roubo que xa estaba a investigar a Garda Civil nunha gasolineira de Caldas de Reis con características similares.
Fontes policiais confirmaron que o roubo en Mollabao produciuse sobre as 4.00 horas da madrugada do sábado ao domingo. Os ladróns entraron a través do baño de mulleres da estación de servizo de Repsol e, desde aí, fixeron un butrón para acceder ao interior do establecemento.
Unha vez dentro, levaron a caixa de caudais, na que había, segundo consta na denuncia presentatda, uns 1.400 euros en metálico. A pesar de que nas inmediacións había unha caixa forte, non a tocaron e tan só levaron a caixa.
Segundo fontes policiais, utilizaron unha radial, xusto a mesma ferramenta que utilizaron os autores do roubo da gasolineira de Caldas, ocorrido hai xa varias semanas. Todas as características de ambos os roubos coinciden, por iso é polo que estean a investigar se teñen os mesmos autores. Ata o momento, non se produciron detencións, pero si que se avanzou nas investigacións.