Cotobade presenta a sexta edición da súa xuntanza cabalar
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, mantiveron unha xuntanza cos representantes de Cabaleiros de Cotobade para abordar diversos detalles da VI Xuntanza Cabalar que se celebra na xornada do sábado 3, e que conta coa colaboración municipal.
No encontro, que concluíu cunha imaxe promocional do evento, os organizadores explicaron que a cita volverá a ser exitosa, con decenas de xinetes de toda Galicia facendo o percorrido e centos de persoas na cea de clausura.
Pola súa banda, Cubela agradeceulles o esforzo pola actividade, por atraer xente ao municipio e por manter unha actividade moi vencellada á historia e a tradición destas terras.
A Xuntanza Cabalar arrancará ás 15.30 horas do campo de Sión (Carballedo) e percorrerá montes e corredoiras do municipio ata a celebración da cea de clausura ás 23.00 horas cun menú a base de polbo e churrasco, a actuación do dúo Caché e o sorteo de agasallos.