O GPS tamén se equivoca
Por Alejandro Espiño
Fiarse cegamente dos navegadores pódeche xogar unha mala pasada. Iso é o que lle ocorreu a un turista australiano que, sen querer, quedou atascado co seu coche nas escalinatas que unen a praza do Teucro coa rúa Real.
Todo ocorreu este mediodía cando o condutor conectou o GPS do coche que alugara para a súa estancia en Pontevedra para chegar ata un punto da cidade.
Segundo explicou a Policía Local, o desorientado turista acabou en pleno centro histórico da cidade, percorrendo co seu coche varias das súas rúas ata que chegou á praza do Teucro.
Alí, no medio dos chanzos quedou atascado o coche. O condutor logrou colocar o freo, saír do vehículo e pedir axuda.
O incidente non provocou danos materiais nin persoais.
Non é a primeira vez que sucede un episodio destas características. Nos últimos anos, varios vehículos quedáronse atorados nalgún punto do centro histórico de Pontevedra, entre eles, a praza da Ferrería, as inmediacións do Teatro Principal ou a Enfesta de San Telmo.