Bebe e Leilía se suman a Rosendo e Roi Casal no cartel de concertos de San Roque 2017
Por Oskar Viéitez
María Nieves Rebolledo, máis coñecida como Bebe, e o grupo folc Leilía se suman ao cartel de concertos das festas de San Roque 2017.
En ambos casos presentarán os seus novos traballos. A cantante estremeña, o sábado 12 con "Cambio de piel", e as pandereteiras e solistas de Leilía, o domingo 13 con "CONsentimento".
No mesmo cartel de San Roque xa están os anunciados Rosendo (luns 14) e Roi Casal (xoves 17). Faltan por engadir os concertos dos grupos locais, que se desvelarán en vindeiras datas.
No seu concerto, Bebe presentará todas as cancións de "Cambio de piel", un traballo que conta coa producción de Carlos Jean e coa que cantante e actriz regresa aos escenarios despois de case tres anos de "ausencia, reflexión e creación para reinventarse".
Pola súa banda, Leilía, que acaba de cumprir 25 anos sobre os escenarios, presentará en Vilagarcía o seu novo espectáculo "CONsentimento", no que, segundo anuncia, o público poderá cantar, rir, chorar e ata rematar bailando.