Guía de consellos para coidar a saúde dos nenos no verán
Por Redacción
A Escola Infantil da Parda protagonizou a presentación da guía "10 consellos do teu pediatra para coidar a saúde dos nenos este verán" editada polo servizo de Pediatría do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez e que se distribuirá nos centros que o grupo ten en Pontevedra.
Preto de 60 alumnos, de entre 1 e 3 anos, participaron nunha "diverticharla" impartida pola pediatra Mónica Camaño co obxectivo de explicar de maneira lúdica aos máis pequenos consellos saudables para gozar do verán. "É importante facer un labor de concienciación desde idades temperás que é cando se adquiren hábitos saudables para toda a vida" apuntou a doutora Camaño.
A través de xogos e simulacións, os nenos aprenderon que no verán é necesario beber abundante auga, polo menos 6 vasos ao día, e comer máis froitas, verduras, zumes e batidos naturais.
A doutora Camaño animoulles a "realizar actividades ao aire libre e practicar deportes de auga e montaña, usando roupa lixeira de cores claras e con boa transpiración".
Ademais, advertiulles que "os nenos menores de 6 meses non deben expoñerse directamente ao sol", e a partir desa idade deben usar crema solar de pantalla total, "que se debe repoñer cada dúas horas". Utilizar lentes de sol, chapeu ou gorra e repelentes de insectos en zonas húmidas foron outros consellos que os nenos coñeceron durante o encontro.
Por último, a doutora Camaño dedicou uns minutos para falar sobre os xogos na auga, tanto en piscinas como na praia, onde se adoitan producir desorientacións e ahogamientos. A doutora pediulles cautela "nestes espazos os nenos deben estar sempre vixiados para evitar sustos" insistiu. Tamén lles advertiu que non deben quedar sós no coche cos portelos pechados, para evitar "golpes de calor".
Relacionadas:
-
'Desafógate', unha obra de monicreques gratuíta coa que previr os riscos do medio acuático
Por Redacción |
-
Nenos de Marcón aprenden nocións básicas de primeiros auxilios
Por Redacción |
-
A vaga de calor dispara a venda de ventiladores en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez aplicará cirurxía para reducir o estómago con técnicas minimamente invasivas
Por Redacción |
-
Escolares de Marcón, así traballa un pediatra
Por Redacción |
-
Doutor Cota: "Los niños en edades tempranas están teniendo lesiones mucho más graves que antes"
Por Diego Espiño |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez combina Pediatría e Diverhospital
Por Noticia patrocinada |