Ponte Caldelas ultima os preparativos para a tempada de baño na praia da Calzada
Por Redacción
O próximo 1 de xullo a Bandeira Azul volverá ondear na praia da Calzada. Será o inicio dunha tempada estival para a que o Concello de Ponte Caldelas está a ultimar os preparativos.
A última fase do procedemento de selección dos tres socorristas rematará este mércores. Todos eles garantirán unha atención permanente no areal.
O quiosco da praia, que o ano pasado funcionou cunha autorización provisional despois do remate da anterior concesión en precario, quedou agora adxudicado definitivamente por dous anos prorrogables.
A instalación xa está aberta dende hai algúns días, o que supón unha importante mellora na atención aos bañistas que xa comezan a achegarse, aproveitando a vaga de calor.
Os operarios municipais rematarán nos próximos días a reparación cun lixado e vernizado de todos os grupos de mesas e bancos, así como dunha pasarela de madeira que presenta algúns danos.
O acondicionamento esténdese tamén a unha revisión completa do sendeiro azul, que mide 8,5 quilómetros e posibilita unha ruta circular de singular beleza polas beiras do río Verdugo ata os célebres pasos da Fraga.
Ao mantemento propiamente dito da praia súmase a mellora no paseo da Calzada realizada polo goberno local, quedou agora perfectamente asfaltado e dotado dun carril-bici e de lombos redutores de velocidade.
Relacionadas:
-
A praia fluvial da Calzada recibe usuarios de Special Olympics Galicia
Por Redacción |
-
As zonas de baño de Tourón e Xustáns, preparadas para o verán
Por Redacción |
-
Izadas as bandeiras azuis e preparados os socorristas, empeza a tempada de praias
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas, Marín e Bueu contan con praias sen fume
Por Redacción |
-
A praia fluvial da Calzada, a punto para os primeiros bañistas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea carril bici entre o centro urbano e a praia da Calzada
Por Redacción |