Unha ruta a cabalo e unha verbena, actividades da terceira Xuntanza Cabalar da Lama
Por Redacción
A Lama acollerá este sábado 24 de xuño, a partir das catro da tarde, aos participantes da terceira edición da Xuntanza Cabalar que organiza o colectivo Os da Lama.
Esta asociación cabalar preparou para esta ocasión un completo programa de actividades.
A principal cita será unha ruta a cabalo que partirá ás 16.00 horas, do aparcadoiro de Santana (A Lama), durante a cal se percorrerá parte do municipio.
Xa pola noite, haberá unha cea composta de mexillóns ao vapor, lacón e táboa de queixos, empanada, churrasco, sobremesas variadas, café e bebidas. Todo iso por 20 euros por persoa, salvo os menores de doce anos que terán que pagar 10 euros.
Correrá a cargo da Fuchela.
A festa estará animada pola discoteca móbil La Mega.