Amplo operativo para tentar salvar a vida a un can atropelado en Cambados
Por Redacción
Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da agrupación de Tráfico da Garda Civil e persoal do refuxio de animais de Cambados despregaron este mércores un amplo operativo para auxiliar a un can que fora atropelado no lugar de Oubiña, nesta localidade do Salnés, e a continuación foi trasladado a unha clínica veterinaria para tentar salvarlle a vida.
Segundo informou a Garda Civil, a central da comandancia recibiu aviso sobre as 16.45 horas polo atropelo dun can na estrada PO-300, que une a localidade de Pontearnelas con Cambados, en concreto, no punto quilométrico 8, á altura de Oubiña.
Ata o lugar desprazáronse axentes de Tráfico e do Seprona, que auxiliaron o can accidentado ata a chegada do veterinario e a presidenta do refuxio cambadés, Olga Costa. A esta última alertárana os axentes do Seprona de Vilagarcía solicitándolle a súa colaboración para poder salvarlle a vida ao can.
O veterinario asistiu ao can no propio lugar do accidente no que lle coidaban os axentes e administroulle un calmante para que non tivese dor. A continuación, trasladáronlle con carácter urxente á clínica do refuxio de Cambados, para tentar salvarlle a vida.