O PP propón á Deputación que dote de vehículos aos colectivos da provincia
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular propón á Deputación de Pontevedra que recupere a liña de axudas para dotar aos colectivos sen ánimo de lucro da provincia de vehículos con fins asistenciais ou deportivos.
Segundo explican os deputados provinciais, Salomé Peña e Luis Aragunde, no pleno deste venres presentarán unha moción que pretende recuperar esta liña de axudas tendo en conta o éxito das convocatorias anteriores, xa que non só se trata de unha medida de apoio económico ao sector e ao emprego, senón que o principal obxectivo é dar resposta a unha demanda recorrente de transporte por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia.
O PP defende que estes vehículos son fundamentais para garantir que que os colectivos poidan desenvolver a súa actividade.
"Por iso é fundamental o apoio das institucións para garantir que esta labor social, deportiva ou incluso cultural continúe desenvolvéndose en cada un dos concellos desta provincia", engade Salomé Peña.