18 empresas presentan ofertas para as obras da estrada PO-234
Por Oskar Viéitez
Un total de 18 empresas veñen de presentar as súas ofertas para facerse co contrato das obras da primeira fase da mellora integral da estrada PO-234, entre os municipios de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.
A Consellería de Infraestruturas vai iniciar a baremación das ofertas para determinar cal é a máis vantaxosa e facer unha proposta de contratación e a posterior adxudicación.
Esta primeira fase, tal e como informou a conselleira Ethel Vázquez o pasado 15 de maio na súa visita á parroquia de Augasantas, correspóndese cun treito de 2,69 quilómetros do termo de Cotobade.
O tramo comprende dende o punto quilométrico 4,150, no cruce de Portasouto, ata o 6,840, xa en Augasantas e a súa mellora conta cun orzamento de 650.0000 euros.
A Xunta tamén está redactado o proxecto construtivo da segunda fase, correspondente co treito máis próximo a Ponte Caldelas e que conta con 2,16 quilómetros.