O Plan Director da Garda Civil chegou este curso a máis de 25.000 escolares pontevedreses
Por Redacción
O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas chegou este curso académico a 25.035 alumnos, 712 profesores e 1.226 pais de distintos centros educativos da provincia de Pontevedra a través dun total de 477 charlas impartidas por persoal da Garda Civil.
As actividades do Plan Director corren a cargo de axentes da Garda Civil e a Policía Nacional. Na zona de influencia do instituto armado, chegou a estas 26.973 persoas entre pais, alumnos e profesores, segundo os datos oficiais facilitados desde a Comandancia de Pontevedra.
As charlas do Plan Director teñen como obxectivo achegar os servizos públicos de seguridade á comunidade escolar para mellorar a confianza dos nenos e mozos nas forzas e corpos da seguridade do Estado e poñer á súa disposición a asistencia técnica necesaria para que poida previr e abordar calquera tipo de incidente que poida ameazar a convivencia nesta contorna.
As actividades van a demanda de cada centro educativo e, entre as máis solicitadas polos colexios pontevedreses, destacan as relativas ao uso das novas tecnoloxías e, en especial, das redes sociais. Sobre novas tecnoloxías impartíronse un total de 173 charlas e sobre o acoso escolar, 135.
En relación coas redes sociais, a Garda Civil transmite ao alumnado a necesidade de facer un uso responsable destas redes para evitar problemas, como o acoso escolar que se produce a través delas ou a difusión de imaxes privadas sen autorización.
Con estes talleres trátase de formar aos alumnos no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como conciencialos sobre os riscos asociados ao consumo de drogas e a necesidade de erradicar condutas violentas no ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas prol-activas ao rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos que dispón a sociedade para axudarlles. Ao repecto, cabe apuntar que se impartiron 57 charlas de violencia de xénero e 47 sobre drogas e alcol.
Ademais das charlas ou talleres informativos, este curso académico realizáronse un total de 40 actividades complementarias nos colexios que o solicitaron: tres exhibicións, tres xornadas de portas abertas, 31 visitas a centros e tres exposicións. Tamén no marco do Plan Director realizáronse preto de 27.000 vixilancias puntuais nos centros educativos da provincia, adscritos á demarcación territorial da Garda Civil, para garantir a seguridade da contorna dos colexios e previr a venda e distribución de sustancias estupefacientes.
Relacionadas:
-
Ante un caso de violencia de xénero ou acoso escolar, denuncia sempre
Por Redacción |
-
Atención, adolescente, a droga crea adicción e tamén pode acabar en sanción!
Por Natalia Puga |
-
"O principal perigo dos mozos coas novas tecnoloxías é que os pais lles dean barra libre no uso"
Por Natalia Puga |
-
A Garda Civil recolle 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Atención, escolares, así é o día a día da Garda Civil
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
No cole tamén se aprende a facer fronte á "infinidade de riscos" das novas tecnoloxías
Por Natalia Puga |