Louzán, hospitalizado tras sufrir unha caída na bicicleta
Por Alejandro Espiño
Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, evoluciona favorablemente do accidente que sufriu o pasado venres, tras caer da bicicleta mentres practicaba deporte.
O accidente, segundo fontes da federación, produciulle un forte golpe no rostro e por precaución estivo en observación nun centro hospitalario de Pontevedra.
O ex presidente da Deputación recupérase de modo satisfactorio das súas feridas e non necesitou ser intervido cirurxicamente.
Nas próximas horas, Louzán será dado de alta e continuará coa recuperación xa no seu domicilio particular.