Para que o público se faga unha idea da talla dos artistas que ano a tras ano actúan en Pontevedra. A organización do Festival Internacional de Jazz e Bluestraballa con dous anos de anticipación sobre os concertos para celebrar. Trátase do máis selecto e solicitado destes estilos, cun engadido diferenciador sobre outros festivais similares: en Pontevedra son en espazos abertos e gratuítos.
Estas dúas circunstancias fan case incrible que sexa posible ofrecer este tipo de concertos. Así llo trasladan a Alberto Lastres - responsable de comunicación do festival -, afeccionados nacionais e estranxeiros que viaxan durante eses días a Pontevedra para non perderse a estes músicos e cantantes.
Nesta vixésimo quinta edición, o peche de programa ofrecerao Gregory Porter o 26 de xullo e a previsión é que a afluencia de público estranxeiro sexa considerable. En bo número de Portugal.
Luís Carballo, outro dos organizadores do festival, comenta nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio que precisamente o país veciño é en parte protagonista dos concertos que se ofrecerán na praza do Teucro; xa que é na Universidade de Lisboa onde se está consolidando a traxectoria dos músicos galegos que foron despuntando no Seminario Permanente de Jazz.
Tamén o jazz europeo terá a súa cota de protagonismo entre o 21 e o 26 de xullo. "Será algo así como unha fusión París Pontevedra", por que di isto Luís Carballo?, a resposta en PontevedraViva Radio.