Congratulazioni Francesco, novo recoñecemento do restaurante Il Piccolo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Casa da Luz acolleu a entrega ao cociñeiro e restaurador Francesco Iannelli do diploma de recoñecemento do Circuíto Internazionale de Eccellenze Italiane á traxectoria do seu restaurante Il Piccolo.
Este recoñecemento que acredita o elevado nivel da súa cociña, a calidade dos produtos e alimentos que utiliza e a súa profesionalidade.
Ao acto de entrega do recoñecemento asistiron a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, xunto a Carlo Vincenti Proietti e Fabio Malteca que se achegaron a Pontevedra en representación do Comité de Eccellenze Italiane co fin de lle facer entrega da distinción.
O diploma afonda nunha traxectoria de calidade acreditada coa Q de Calidade e o recoñecemento como mellor restaurante italiano de España pola Unión de Cámaras de Comercio Italianas (Unioncamere) e o Instituto Nacional para as Investigacións Turísticas (Isnart) no 2011 e como mellor restaurante italiano de Europa un ano máis tarde.
Relacionadas:
-
"Spaguetti alla Procida" con Il Piccolo e Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
O restaurante Il Piccolo recibe o galardón Marchio Ospitalitá Italiana no Ifema de Madrid
Por Redacción |
-
Soffritto gana a Il Piccolo
Por Redacción |
-
Il Piccolo compite con restaurantes de Nueva York, Quito, Dubai e Melbourne por ser o 'mellor italiano' do mundo
Por Redacción |