Extinguen un lume no interior dun barco atracado en Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/30f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5978a79c3e-img-20170726-wa0003.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a34/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5978a7c862-img-20170726-wa0005.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Un incendio na cociña dun barco de pesca obrigou a que os bombeiros de Ribadumia tivesen que intervir no porto de Tragove, en Cambados.
Os bombeiros foron os que ás 10.52 horas deste mércores alertaban ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia do mesmo xeito que varios particulares que viran as chamas nas instalacións portuarias. Sinalaban que ardían madeiras nun barco situado no exterior do arsenal.
Segundo a información dos integrantes de Protección Civil o material que estaba a arder eran madeiras da cociña do barco, de nome Global 4.
Os bombeiros permaneceron varias horas sufocando as chamas e levando a cabo tarefas de ventilación.
Ademais da cociña víronse afectados algunhas outras estancias da embarcación. Polo momento estanse investigando as causas que provocaron o incendio. Non se rexistraron danos persoais.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informou a Protección Civil, á Garda Civil e á Policía Local de Cambados. Tamén trasladaron a información a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e á Autoridade Portuaria.