Requisan en Sanxenxo máis de 22.000 euros en prendas de roupa falsificada
Por Redacción
Un novo golpe contra a roupa falsificada permitiu á Garda Civil incautar máis de 300 pezas que, no mercado, alcanzarían un valor que supera os 22.000 euros. Foi durante un control de vehículos desenvolvido en Sanxenxo.
Segundo informou o instituto armado, a roupa foi localizada na madrugada do pasado martes na saída da AG-41, a autovía do Salnés, en Sanxenxo.
Nun dos vehículos inspeccionados, conducido por un cidadán de nacionalidade marroquí residente en Santiago de Compostela, a Garda Civil atopou unha partida de roupa con etiquetas, supostamente falsificadas, de acreditadas firmas comerciais.
O condutor carecía da correspondente factura de compra e da autorización das marcas rexistradas afectadas.
Os axentes requisaron toda a mercadoría, composta de 199 polos, 99 camisetas e 21 pezas de roupa interior.
A Garda Civil abriu dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial que, xunto coa roupa incautada, serán entregadas no xulgado de instrución de garda de Cambados.
Relacionadas:
-
Incautan máis de 3.000 euros en roupa falsificada no mercadiño de Caldas
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Investigan unha muller 'cazada' con roupa con etiquetas falsas valorada en 11.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada no mercadiño do Grove
Por Redacción |