Paso decisivo para reformar as antigas vivendas dos mestres de Cerdedo
Por Redacción
O proceso para converter as antigas casas dos profesores anexas ao colexio público San Xoán Bautista de Cerdedo en dez Vivendas de Promoción Pública (VPP) deu este venres un paso importante. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sacou a licitación este venres a primeira fase das obras de mellora.
O proxecto para estas casas suporá, ao seu remate, un investimento dun millón de euros. Nesta primeira fase que acaba de licitarse serán 353.000 euros e a actuación terá un prazo de execución de nove meses, polo que estarán listas ao longo do vindeiro ano.
Esta primeira actuación vaise centrar na rehabilitación da cuberta xeral e nas instalacións comúns das dez vivendas e no arranxo integral de dúas delas, situadas entre os números 25 e 43 da rúa das Longas.
As actuacións suporán unha mellora global destas vivendas, que contan con dúas plantas, dotadas de cociña, salón, cuarto de baño e tres habitacións, e unha pequena zona axardiñada na parte traseira.
O vicepresidente de Cerdedo-Cotobade, José Balseiros, amosou a súa satisfacción por este "paso definitivo" na realización das melloras das vivendas dos mestres e agarda que a tramitación administrativa "sexa o máis áxil posible" e que o resto das melloras, ata alcanzar un millón de euros, poidan facerse tamén no prazo máis curto atendendo á dispoñibilidade orzamentaria.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade disporá xa este ano de dúas vivendas sociais
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo
Por Redacción |
-
Este mes comezará a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo
Por Redacción |
-
Comeza a remodelación da cuberta do patio exterior do colexio de Tenorio
Por Redacción |