A plataforma Virxen dos Remedios de San Xulián de Marín oponse aos lombos
Por Redacción
Desde a asociación plataforma Virxen dos Remedios de San Xulián, da parroquia de Marín, afirman que están molestos e moi enfadados co que consideran un "malgasto" que está a levar a cabo a Deputación nas estradas provinciais. Denuncian que fai dez días pintáronse os pasos de peóns na estrada provincial EP-0019 que comunica Marín con Figueirido ao seu paso por San Xulián e agora nese mesmo tramo está previsto que a Deputación instale lombos con diñeiro público.
Tamén denuncian a enorme cantidade de postes verticais no medio das beirarrúas que, segundo sinalan, dificultan o paso dunha cadeira de rodas. Estes veciños afirman que levan tempo reclamando, sen recibir resposta, a continuidade das beirarrúas desde a Casa Cultural, pasando pola Bouza ata o Caeiro e Pena, conservando a velocidade de 50 km/hora nesa zona e rexeitando o límite a 30 km/h. que propón a Deputación. Ademais afirman que carecen de beiravía.
Ademais, Laureano Allariz, vicepresidente da asociación, sinala que acudiron ata unha ducia de veces ata a Deputación para reclamar unha reunión sen obtela. E culpan ao Concello de Marín de ser cómplice nestas prácticas contra os intereses veciñais.
Alegan que os lombos causan dificultades aos servizos de emerxencias e danos ás persoas con problemas de costas e outras doenzas, ademais da os vehículos. Indican que por esa estrada pasan voltas ciclistas e un desfile de entroido, que se verán cun problema debido a estes reductores de velocidade.
Este colectivo apoia á plataforma O Rural Existe de Pontevedra e aposta polo asfaltado dos viarios e o seu mantemento, coa construción de beirarrúas e de senllas peonís, con boa iluminación.
Relacionadas:
-
Marín solicita máis lombos e melloras nos viais provinciais á Deputación
Por Redacción |
-
Portas contará con 11 pasos de peóns sobreelevados
Por Redacción |
-
O PP urxe a través dunha moción que o Concello e a Deputación busquen "diálogo e consenso" no rural
Por Redacción |
-
'O Rural Existe' considera a instalación masiva de lombos como "un insulto á xente do rural"
Por Natalia Puga |