Novo produto turístico: Pazo, illa e almorzo
Por Aitana Vidal
Este mércores presentouse un novo producto turístico de Vilagarcía que consiste na unión das visitas ao pazo de Rubiáns (que será o primeiro xardín privado de España co grao de excelencia) e á illa de Cortegada (única do parque nacional das Illas Atlánticas que se pode visitar en calquera época do ano), e inclúe un almorzo en Carril.
A iniciativa de Pazo de Rubianes e Corticata, co apoio do Concello, enmárcase no Centenario da unión de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán 1913-2013.
Por 35 euros poderase disfrutar desta atractiva oferta.
As visitas pódense encargar dende xa con grupos de un mínimo de dez persoas e realizaranse os sábados, domingos e os festivos con independencia da época do ano.