Jacobo Moreira: "a Pontevedra con esta nueva Deputación no le va bien"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, lamentou que "a Pontevedra con esta nueva Diputación no le va bien" xa que considera que despois de dous anos con Carmela Silva no goberno provincial "no hay ni una sóla obra no proyecto de calado ejecutado en Pontevedra", e toda as actuacións limítanse a anuncios e convenios.
En rolda de prensa, Moreira reprochou aos gobernos local e provincial coa firma do convenio para executar un novo tramo da Rolda Leste que tenten "vender como una cosa nueva" unha actuación que xa foi obxecto doutro convenio no ano 2013.
Jacobo Moreira apuntou directamente ao alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores para recriminarlle que "con su pacto en la Deputación no ha conseguido ni un euro en inversiones que estén ya ejecutadas".
O portavoz popular destacou que "sobre el papel consiguen mucho pero en la realidad no hay ninguna obra de calado" polo que conclúe que "a Pontevedra le iba mucho mejor con la anterior Deputación".
"La presidenta actúa como delegada de alcalde de Vigo en la Deputación", dixo o presidente local do PP sobre Carmela Silva. "Pontevedra no ha hecho más que perder con esta nueva Deputación, aquí se va todo para Vigo" engadiu.
Finalmente, o Partido Popular pediu ao alcalde "que ponga fin a este ninguneo" e que sitúe a Pontevedra "por encima de los intereses partidistas del BNG".
"Deputación nova, leña verde, todo é fume", concluíu Jacobo Moreira.