Ponte Caldelas reparte fichas para as festas entre familias sen recursos
Por Redacción
48 menores, pertencentes a 26 familias en risco de exclusión social, serán os beneficiarios das 120 fichas "de cortesía" para poder acudir ás atraccións das festas das Dores en Ponte Caldelas durante os próximos días.
Os feirantes ceden estas fichas e unha das churrerías que se instala na Alameda tamén ofrecerá media ducia de churros aos pequenos que pertencen a familias que se atopan rexistradas nos servizos sociais do municipio.
O equipo de goberno que lidera Andrés Díaz considera que a política se fai con grandes decisións, pero tamén coas pequenas como esta repartición. O alcalde sinala que con esta decisión erradícanse as prácticas instauradas anteriormente cando estas fichas repartíanse entre familiares e persoas afíns ao grupo de goberno.
Entre as novidades deste ano para esta festa destaca a presenza do Saltamontes. As actividades comezan coa programación musical a través do festival Caldelas Xoven, con Dr. Bellido como cabeza de cartel, mentres que o sábado celebrarase o Festival Folclórico e unha verbena capitaneada pola Orquestra Televisión.
As festas finalizan o martes 29, mentres que mércores celebrarase o Día do Neno, no que todos os menores terán acceso ás atraccións a prezo reducido.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas axuda ás familias en risco de exclusión con vales para mercar produtos hixiénicos e alimentos
Por Redacción |
-
Calculan que unhas 30.000 persoas participaron nos cinco días das Festas das Dores
Por Oskar Viéitez |
-
Multitudinaria verbena do Combo Dominicano en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Caldelas Xoven, música e diversión para estrear as Dores
Por Redacción |
-
A música enche Ponte Caldelas de vitalidade no inicio das festas das Dores
Por Redacción |