Obras para mellorar a accesibilidade ao Chan do Monte
Por Redacción
Durante esta quincena de agosto, o Concello de Marín acomete obras na subida a Chan do Monte coa intención de garantir a seguridade viaria das persoas que habitualmente transitan por esa estrada.
Sobre todo quere mellorarse este acceso debido a que, durante o período lectivo, numeros estudantes diríxense por este viario ata o IES Chan do Monte e ao CPR San Narciso. A mellora busca facilitar o acceso tanto a pé como en coche e en autobús a esta zona.
Están a realizarse varios desmontes e canalízanse as cunetas, coa intención de gañar terreo tanto para a estrada como para a zona que se destinará aos peóns, segundo informan desde o goberno de Marín.
Tamén se cambiará a tubaxe de residuais, aproveitando a realización destes traballos.
O obxectivo é que as obras finalicen antes do inicio de novo curso.