Os bombeiros sufocan un incendio nun descampado de Mollabao
Por Redacción
Os veciños da rúa Rosalía de Castro, no barrio de Mollabao, víronse sorprendidos este sábado por un pequeno incendio nun descampado que serve de aparcadoiro habitual para a Casa do Mar.
En concreto, o lume iniciouse nas matogueiras do perímetro da leira, xunto á ponte da autoestrada, e afectou a uns paneis publicitarios.
O incendio ameazaba a unha nave contigua, pero a rápida intervención dos Bombeiros de Pontevedra evitou que este fóra a máis sufocándoo con rapidez.
O suceso tivo lugar pouco antes das 17:00 horas, dándose por extinguido o lume apenas 20 minutos máis tarde.