O PP di que o goberno local presentou o mesmo anteproxecto do PSOE para as piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez
"O BNG presentou onte exactamente o mesmo proxecto que deixara feito o PSOE, sen cambiar coma algunha e que xa fora exposto ao público dentro de proxecto conxunto coa Parda", denunciou o concelleiro do PP, César Abal, sobre o anteproxecto presentado polo goberno local do BNG para o complexo deportivo das piscinas de Campolongo
César Abal lembrou que o anteproxecto para a explotación conxunta das Piscinas de Campolongo e A Parda "que fóra encargado a dedo a unha coñecida militante socialista" tivérase que reaxustar cando o concurso quedara deserto en marzo de 2015 e se optara por un proxecto único para o complexo de Campolongo.
O PP critica que no goberno local "nin sequera se molestaron en recoller as suxestións" que o Partido Popular acordara cos usuarios e traballadores, coma era unha pequena grada de 6 u 8 filas ao carón do vaso grande; un espazo compartido, con sala de reunións e almacén, para os empregados e clubs deportivos; e un mellor aproveitamento da cafetería orientada cara ó exterior das instalacións posibilitando o seu funcionamento incluso cando pechan as piscinas.
"O concelleiro nacionalista intentou darnos onte gato por liebre" sinalou César Abal.
Para rematar, o concelleiro popular lémbralle ao BNG que ese Anteproxecto para o complexo de Campolongo, elaborado orixinalmente no ano 2014 e logo reaxustado, fíxose en base ao estudo de deficiencias presentado en abril de 2011 por unha consultora externa. "Nin sequera se molestaron en realizar un novo informe técnico que se fai necesario despois de que pasaran máis de seis anos do último".
"Esiximos máis seriedade e feitos", sentenciou César Abal.
Relacionadas:
-
Seis empresas, interesadas en reformar e xestionar as piscinas de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello agarda "moi boas ofertas" para explotar as piscinas de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
Impulso á reforma das piscinas de Campolongo: a obra podería empezar este verán
Por Natalia Puga |
-
O anteproxecto das piscinas de Campolongo propón unha "revolución total"
Por Oskar Viéitez |
-
"Hemos sido estafados", denuncia o PP tras a nova prórroga á concesionaria das piscinas de Campolongo
Por Diego Espiño |