Mouchos, coruxas, sapos e bruxas… Pontevedra conxura a Feira Franca
Por Mónica Patxot
Nunha máxica cerimonia celebrada este venres na praza da Ferrería os pontevedreses conxuraron a Feira Franca.
A edición número 18 está dedicada ás bestas, reais e fantásticas.
Numeroso público gozou do espectáculo "Cando chega a noite", creado por compañías Kull d'Sak e Troula que mesturou mitoloxía galega, con bailes, acrobacias e lume.
O espectáculo tiña como fío condutor a historia duns mercaderes aos que se lles fai de noite no seu camiño á Boa Vila polo que deciden descansar no bosque. Un xograr aproveita entón para contarlles unha historia…
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Imos de Troula, imos de entroido!
Por Marisa Ciordia |
-
GALERIA 2.- O transporte do viño na Feira Franca
Por Cristina Saiz |
-
Os Lannister, os Stark e algunha Khaleesi pasean xa por Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Aquí tes o programa da Feira Franca
Por Redacción |
-
Comezan as restricións de estacionamento con motivo da Feira Franca
Por Oskar Viéitez |