A Deputación aproba unha nova convocatoria do plan de prácticas en empresas
Por Redacción
A Xunta de Goberno aprobou as bases que regulan unha nova convocatoria de 101 bolsas de prácticas dentro do Plan de Práctica Laboral en empresas privadas da provincia.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que se trata dun cento de prazas dirixidas a ter unha primeira experiencia laboral despois de rematar os seus estudos, tanto de titulación universitaria como de grao superior de formación profesional. Con esta iniciativa quérese favorecer o tránsito que hai entre a formación académica e lograr un posto de traballo.
As prácticas desenvólvense durante un período de seis meses renovables por outros seis. A remuneración sitúanse entre os 800 euros que reciben os titulados universitarios e 700 euros ao mes para o alumnado de formación profesional.
A selección realizarase mediante unha convocatoria pública e o proceso levará a cabo en dúas fases. A primeira centrarase nunha valoración de méritos mentres que a segunda será unha proba tipo test.
As solicitudes para participar deberán presentarse a través da web da Deputación.