Dous obreiros resultan feridos ao caer dunha estada en Caldas
Por Oskar Viéitez
Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres nun accidente laboral rexistrado en Caldas de Reis, segundo informa a central que coordina as emerxencias en Galicia.
Os traballadores resultaron lesionados ao precipitarse desde unha estada.
O accidente tivo lugar ás 16.45 horas. Os dous operarios traballaban nas obras de mellora da fachada dun edificio, situado na Igrexa, na parroquia de San Clemente de César
Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia. Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Desde o 112 tamén se alertou a Protección Civil de Caldas e á Garda Civil.
Finalmente as vitimas foron evacuadas en ambulancia.