Xulgan por estafa 20 persoas que falseaban partes de accidentes de tráfico
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou para este luns un xuízo por estafa e falsidade en documento mercantil. Xulgan a vinte persoas por participar nunha estafa continuada a aseguradoras a través de partes fraudulentos de accidentes de tráfico.
Operaban na zona de Pontevedra. Os acusados, segundo a Fiscalía, facíanse con coches declarados sinistro total para cobrar de novo por accidentes simulados ou falsos roubos
O fiscal pide penas que suman 45 anos de cárcere. Procede do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra.
O caso iniciouse coa investigación da Policía Local de Pontevedra por mor dunha denuncia por un falso roubo dun Renault Laguna. As pescudas conseguiron destapar ata once supostos fraudes a aseguradoras con accidentes de tráfico simulados ou falsos roubos de vehículos, a maioría de alta gama.
Entre os implicados atópanse os responsables dun taller de Pontevedra, un perito de Vigo e os propietarios dalgúns dos vehículos.
Relacionadas:
-
Suspenden o macroxuízo por unha trama de estafas a aseguradoras ao estar dous acusados en México
Por Natalia Puga |
-
Aprazan cinco meses un xuízo contra vinte acusados de estafa a compañías de seguros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sete persoas implicadas nun accidente en Poio, investigadas por fraude á compañía de seguros
Por Natalia Puga |