O fiscal mantén que os ex presidente e secretaria da Cámara de Comercio despediron tres empregados por represalias
Por Natalia Puga
Tras dous días de xuízo e o paso pola sala de vistas do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra dunha ducia de testemuñas e varios peritos, o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, reafirmouse en que os antigos presidente e secretaria xeral da extinta Cámara de Comercio de Pontevedra, Antonio Gómez Rivera e Charo Lorenzo, despediron a tres empregados por represalias por denunciar ante a Fiscalía as prácticas presuntamente irregulares na oficina da entidade en Brasil.
Aladro decidiu elevar a definitivas as súas conclusións provisionais sobre o caso, nas que pide que ambos os acusados sexan condenados a un ano e medio de prisión por un delito contra a Administración de Xustiza en concurso con outro de prevaricación administrativa.
Igualmente reafirmáronse nas súas formulacións os avogados dos dous acusados que sentaron no banco, que sosteñen a súa inocencia asegurando que estes despedimentos, e un cuarto que non se puxo en cuestión, foron acordes ás circunstancias económicas e sociais que vivía a Cámara.
O xuízo comezou este mércores no Xulgado do Penal número 1, no edificio xudicial da Parda, e quedou visto para sentenza este xoves tras a declaración de varios directivos e ex directivos que formaban parte do comité executivo e do pleno da Cámara no ano 2012, cando se produciron os polémicos despedimentos.
A estratexia de defensa céntrase en que ningún dos dous acusados foi responsable dos despedimentos de tres dos catro traballadores que denunciaron ante a Fiscalía as actuacións relacionadas coa oficina de Brasil polas que finalmente Charo Lorenzo foi condenada coa súa conformidade polos presuntos delitos de negociacións prohibidas a funcionarios e suborno. Botan balóns fose e apuntan ao comité executivo e ao pleno no seu conxunto como os órganos que adoptaron as decisións.
Os directivos e ex directivos que pasaron pola sala de vistas confirmárono. O último presidente da Cámara pontevedresa antes da súa fusión coas entidades de Vigo e Vilagarcía, Eduardo Barros, actual vicepresidente pimero da nova Cámara, asegurou de forma contundente que "todo se decide en Pleno" e que os despedimentos estaban baseados no informe eleborado pola consultora Deloitte por encargo do Consello de Cámaras Galegas, que aconsellaban redución de soldos e persoal.
Ademais, todos coincicidieron en que durante a etapa de Gómez Rivera como presidente en funcións en 2012 había mesmo máis transparencia da habitual na Cámara ao coincidir que se estaba vivindo un momento económico delicado tras a aprobación do Real Decreto 13/2010, polo que se reducían os seus ingresos e recursos e pola presión social e laboral que causara un incidente ocorrido en marzo dese ano entre Charo Lorenzo e o ex vicesecretario da entidade, Augusto Aláez, un dos traballadores despedidos.
Ese incidente, no que que Aláez reprochou a Lorenzo as súas irregularidades en relación coa oficina de Brasil, motivou que solicitasen un informe a un avogado tanto sobre o comportamento de ambos os como sobre as presuntas irregularidades. O autor dese informe, o avogado externo Enrique Devesa, referendou que propuxo que se expedientase a ambos -a ela por dúas faltas graves e a el por unha leve- e que concluíu que a forma de actuar de Lorenzo con Brasil non era constitutiva de delito. Finalmente, foi condenada.
O antigo responsable de comunidación da Cámara, tamén despedido naquel momento, pero que non denunciou, tamén compareceu, aínda que se limitou a sinalar que o seu ceso foi "contra mis intereses" baseado en que "querían externalizar el servicio" e que reclamou o pago de máis indenmización en concepto de horas extraordinarias.
A pesar dos argumentos das testemuñas, o fiscal mantén que tras a denuncia dos traballadores, Lorenzo, na súa condición de xefa de persoal, e Gómez Rivera, como presidente en funcións, despediron a tres deles -o cuarto era delegado de persoal e non podían- enmascarando o cesamento en causas obxectivas e económicas que a el non o convencen porque, entre outras razóns, "la realidad de las cuentas presentadas era falsa".
Juan Carlos Aladro sostivo nas súas conclusións que a feito base do despedimento "está totalmente inventado" e lograron que o pleno e o comité executivo executasen os despedimentos ideados por eles baseándose en que lles achegaban datos "inconsistentes". "Los demás intervinientes fueron utilizados para justificar los despidos y las cuentas", sostén o fiscal xefe, pero, en realidade, Lorenzo quería despedilos para "ocultar" as irrregularidades que os despedidos pescudaran e el para "salvaguardar" a imaxe da entidade que presidía .
Ademais do ano e medio de prisión, o fiscal pide que sexan condenados ao pago dunha multa de 10 meses a 10 euros diarios e oito anos de inhabilitación especial para os cargos que ambos exercían, e dos que agora xa están apartados. Como indemnización e en concepto de dano moral, pide que os dous, de forma conxunta e solidaria, deberán abonar 3.000 euros a cada un dos empregados despedidos.
Relacionadas:
-
Absolven a Charo Lorenzo e Gómez Rivera na causa por despedir tres traballadores da Cámara por represalias
Por Natalia Puga |
-
A xestión da Cámara de Comercio, de novo no xulgado con Charo Lorenzo e Gómez Rivera no banco dos acusados
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Charo Lorenzo e Gómez Rivera sentarán no banco en xuño polos despedimentos da Cámara
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo e Gómez Rivera, a xuízo por despedir a tres traballadores da Cámara por represalias
Por Natalia Puga |
-
O Comité Executivo da Cámara de Comercio declara no xulgado por un delito contra a Administración de Xustiza
Por Redacción |