Ganemos Salamanca, disposto a "exportar" á súa cidade o modelo urbano de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Desde Salamanca chegaron os últimos interesados en coñecer o modelo urbano de Pontevedra. Concelleiros de Ganemos Salamanca están a visitar desde o sábado a Boa Vila ao ver nela un "referente" en materia de mobilidade e calidade urbana.
Dous dos catro concelleiros desta formación política, Pilar Moreno e Gabriel Risco, sinalaron que Pontevedra atópase "en el más alto nivel" das cidades habitables, polo que a consideran un "buen ejemplo" para Salamanca.
Moreno explicou que o que máis lle sorprendeu de Pontevedra é que "la ciudad está llena y las calles están ocupadas por gente de todas las edades" algo que, recoñeceu, "nos gustaría que tuviese Salamanca".
Pola súa banda, Gabriel Risco felicitou a Pontevedra pola súa decisión de "poner a las personas por encima de cualquier otra cosa" e sinalou que este contacto coa cidade galega é "muy importante" para poder trasladar á capital salmantina algunhas das solucións adoptadas en Pontevedra en materia de mobilidade e accesibilidade.
"Hay propuestas que podrían sernos muy útiles", destacou o edil de Ganemos Salamanca, que non dubidou en sinalar que neste tipo de cuestións "hay que aprender de los mejores".
Xunto aos dous edís de Ganemos Salamanca viaxou tamén Ignacio Paredero, secretario xeral de Podemos en Salamanca, que engadiu que "nos gustaría exportar" ao seu municipio o modelo de Pontevedra, que cualificou como "real y efectivo", porque concluíu que "queremos una ciudad viva" e solucionar os problemas existentes na actualidade.
O alcalde de Pontevedra, pola súa banda, acompañounos no percorrido guiado que realizaron este luns pola cidade, tras un encontro cos técnicos municipais, e destacou que este tipo de visitas son "interesantes" para Pontevedra porque "son tamén unha forma de proxección da cidade".
Relacionadas:
-
Lores, de Santander a Irún para promocionar o modelo de cidade
Por Redacción |
-
César Mosquera subliña en Barcelona a necesidade de ter un proxecto claro e definido antes de intervir no espazo público
Por Redacción |
-
Técnicos de Cascais estudan o modelo urbano de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Tudela estuda a coordinación dos servizos municipais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Tudela mira cara Pontevedra pensando en revitalizar o seu casco histórico
Por Redacción |
-
A localidade brasileira de Foz de Iguazú quere ser unha "cidade agradable" como Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Pontevedra presume de modelo urbano en Granada: "Mercar sen coches é máis agradable e máis rendible"
Por Redacción |
-
Corea do Sur súmase á lista de premios a Pontevedra polo seu modelo urbano
Por Redacción |