Solicitan ao Concello de Sanxenxo que publicite a web os contratos menores
Por Redacción
A edil non adscrita, Vanessa Rodríguez Búa, solicitou ao goberno local de Sanxenxo que toda contratación considerada como menor pola normativa xeral aplicable sexa accesible para todas as empresas.
A proposta de Rodríguez Búa especifica que as contratacións superiores a 10.000 euros no caso de contratos de obras e a 3.000 euros para o resto dos contratos, vaian precedidas dun anuncio previo na web do Concello, que especifique o obxecto do contrato, e que outorgue un prazo de 5 días hábiles para que calquera persoa física ou xurídica poida presentar a súa oferta se así o desexa.
Segundo explica a edil non adscrita, con esta medida non se pretende esixir para os contratos menores a rigorosidade do procedemento previsto pola lei para os contratos maiores, senón simplemente prever un trámite sinxelo que garanta os principios de liberdade de acceso, publicidade, transparencia e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.
A xuízo de Vanessa Rodríguez Búa a ausencia de trámite legal que se prevé para o caso dos contratos menores dificulta a garantía para os cidadáns.