'Un lugar no Camiño' deixa a súa impronta en Barro
Por Redacción
O Colectivo Espazo 16, co apoio do Concello de Barro e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia realizaron propostas dentro da acción 'Un lugar no camiño' para incentivar a relación entre os veciños e os peregrinos que percorren o camiño a Santiago .
Durante dúas xornadas desenvolvéronse tres talleres que trataron o deseño e pintado dun mural colectivo; outro centrouse no deseño creativo e na plantación de especies autóctonas e, por último, unhas charlas sobre iniciativas de éxito, innovadoras e sustentables para o desenvolvemento do medio rural.
Estes talleres ofrecíanse dentro do programa Iniciativa Xove 2017 coa intención de fomentar o proxecto de conservación e posta en valor dos espazos públicos en desuso.