Suspenden o xuízo a unha parella por vender drogas e tentar roubar a un cliente ao non presentarse a suposta vítima
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A sección segunda da Audiencia de Pontevedra suspendeu o xuízo contra unha parella de vilagarciáns, ao non presentarse ante o tribunal a suposta vítima.
Os procesados, a muller J.A.C. e o home R.B.R., están acusados dos delitos de venda de substancias estupefacientes e por tratar de roubar a un cliente que responde as iniciais F.J.C.T.
A fiscal pide oito anos e medio de prisión para cada un.
O escrito de acusación da Fiscalía relata uns feitos que supostamente tiveron lugar o 30 de abril de 2016.
Segundo o escrito do fiscal, a acusada levou ao cliente ao seu domicilio onde xa lles estaba o outro acusado. Alí comprou dous papelinas de estupefaciente a cambio de 20 euros. No transcurso do intercambio os acusados viron que o cliente portaba 170 euros máis. Entón "de común acordo e con ánimo de enriquecemento inxusto", forcexaron con el e agredírono para quitarlle o diñeiro.