O PP local traslada o seu apoio e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil
Por Redacción
O presidente local do PP en Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, recibiu este xoves na sede da formación aos representantes sindicais do Corpo Nacional da Policía e da Garda Civil (SUP, UFP, CEP, SPP, AUGC e APROGC) para trasladarlles "o noso apoio e respaldo a toda a labor incuestionable que están a realizar en Cataluña".
"A sociedade pontevedresa aprecia e valora aos nosos corpos de seguridade, por iso queremos que saiban que non están sós. Todas as agresións que están a sufrir nos últimos días nos doen a todos", resaltou Moreira, quen quixo facer unha mención especial a todos os efectivos veciños "do noso municipio" que están en Cataluña estes días "traballando nunhas condicións moi difíciles".
O edil popular condena as "actitudes de acoso" ás que están sendo sometidos. "É un feito imperdoable que non pode ter lugar nun Estado democrático”. Así mesmo lembrou que os policías que están en Cataluña "son os mesmos que non dubidarían en salvarnos a vida cando esteamos en perigo, que non se nos esqueza".
O portavoz popular asegurou ademais "sentir vergoña da actitude amosada polo alcalde de Pontevedra nas últimas semanas".
Jacobo Moreira cre que "como membro do BNG", Miguel Anxo Fernández Lores "pode facer "o que queira, pero non lle imos permitir que como representante de todos os pontevedreses respalde e alente actos ilegais e inconstitucionais", apuntou Jacobo Moreira.
Ante toda esta situación, os populares presentarán no vindeiro pleno municipal unha moción que permita amosar o "apoio unánime" de toda a corporación aos efectivos da Policía Nacional e da Gardia Civil destinados estes días en Cataluña, unha "condena expresa ao acoso e as agresións que están a sufrir", así como solicitar "que se respecte e cumpra a lei".
Relacionadas:
-
O PP traslada á Deputación a petición de apoio para as forzas e corpos de seguridade
Por Redacción |
-
O 'barco de Piolín' e o procés cóanse no pleno de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Policías piden en Pontevedra medidas urxentes para frear o "acoso" e "persecución" que sofren en Cataluña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rueda asegura que Galicia vai estar atenta ao desenlace da situación en Cataluña
Por Oskar Viéitez |
-
Arredor de 200 persoas amosan o apoio ao pobo catalán nunha concentración de protesta
Por Anxo Lourido |
-
Convocan unha concentración de apoio ao pobo catalán na Subdelegación do Goberno
Por Redacción |
-
O referendo de Cataluña tamén divide aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |