Máis de 3.000 persoas visitaron a Nao Victoria
Por Redacción
Desde que chegou a Sanxenxo o pasado venres, ata que partiu este luns, a Nao Victoria, réplica do barco de Fernando Magallanes, recibiu máis de 3.000 visitantes a bordo.
Os datos das visitas, facilitados polo Concelo de Sanxenxo, apuntan que foron 2.150 adultos e 850 nenos, entre os que se atopan 150 nenos de colexios do municipio que organizaron saídas para visitar o barco. A estas cifras hai que sumarlles as entradas de nenos menores de 5 anos que ao non pagar por acceder non se contabilizaban no total.
A construción da Nao data de 1991 e esta semana puxo rumbo a Huelva para participar o 12 de outubro nun evento náutico. Para moitos, esta foi unha oportunidade única de coñecer de primeira man esta réplica histórica de madeira, de 26 metros de eslora e 7 metros de maga, que deu a volta ao mundo no ano 2004 para conmemorar esa primeira vez que se fixo unha viaxe ao redor do globo terráqueo.