VIDEO.- "No están solos": A Garda Civil apoia aos axentes desprazados a Cataluña
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A Comandancia de Pontevedra acolleu este xoves os actos do Día do Pilar, patroa da Garda Civil.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presidiu o acto castrense destacando a súa "satisfacción" por acudir a "la casa de la institución más querida y respetada por los españoles, junto con la Policía Nacional".
A subdelegada do Goberno quixo lembrar a todos os membros do instituto armado que "cumpliendo con su obligación" están desprazados a Cataluña, "Tengan por seguro que el Gobierno de España va a defenderlos a todos", dixo.
O tenente coronel xefe interino da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda, tamén fixo referencia ao conflito catalán para "reconocer públicamente" o traballo que alí fan os gardas civís e neste contexto e facendo mención á Policía Nacional dixo "sois los mejores compañeros que podíamos tener, una policía fiable e imbuida de los mismos princiios y valores que nosotros".
Finalmente referiuse á inquietude que existe entre as familias dos gardas e concluíu confesando a súa propia preocupación "cuando escucho planteamientos donde el cumplimiento de la ley deja de ser una obviedad para convertirse en una simple alternativa".
No transcurso do acto impuxéronse distintas condecoracións ao persoal do corpo que se distinguiu na prestación de servizos meritorios e finalizou cunha solemne homenaxe aos falecidos do instituto armado.
Nos círculos posteriores o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comentou aos xornalistas que "hoxe era o momento de testemuñar o noso recoñecemento especial" aos axentes destinados en Cataluña "facendo un labor fundamental coa que a inmensa maioría dos galegos están de acordo".
Relacionadas:
-
Volven á casa todos os gardas civís de Pontevedra desprazados a Cataluña
Por Natalia Puga |
-
O 'barco de Piolín' e o procés cóanse no pleno de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP critica que o goberno local non apoie os actos da patroa da Garda Civil "cando máis o necesitan"
Por Redacción |
-
Centos de persoas únense en Pontevedra para defender a unidade de España
Por Alejandro Espiño |
-
Bandeira branca en Pontevedra para reclamar diálogo entre España e Cataluña
Por Alejandro Espiño |
-
A Garda Civil suspende o viño oficial dos actos do Pilar en solidariedade cos compañeiros de Cataluña
Por Natalia Puga |