Feijóo define como "crítica" a situación en Galicia polos incendios
Por Alejandro Espiño
A situación é Galicia é "crítica". Así de contundente mostrouse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despois de que este domingo producíranse máis dun centenar de incendios en toda a comunidade, rexistrándose situacións especialmente graves no sur da provincia de Pontevedra.
Nunha entrevista concedida a laSexta, Núñez Feijóo admitiu que é "case imposible" controlar os lumes que ameazan núcleos de poboación polos refachos de forte ventos desta noite. Son, dixo, quince incendios con situación de alerta 2 pola súa proximidade ás vivendas, polo que pediu precaución aos veciños.
"Estamos no peor dos momentos porque os avións e helicópteros non poden voar", dixo o presidente galego, que engadiu "non só estamos a loitar contra o lume, senón contra o vento, a adversidade climatolóxica, a temperatura alta, a seca e a intencionalidade".
"Estamos a falar dunhas condicións que na última década nunca se viviron", dixo, ao que engadiu que Galicia seguirá loitando con todos os medios contra os incendiarios, contra os incendios que entran de Portugal e ante unha previsión de incremento do vento na costa.
Neste sentido, Núñez Feijóo asegurou que "sen dúbida" os incendios que arrasaron Galicia este domingo foron provocados por persoas que "tentaron queimar case todo". Todos eles, dixo, "están a bordear o homicidio".
Feijóo lembrou que hai "miles de persoas traballando" contra o lume en toda Galicia e sinalou a morte de dúas persoas carbonizadas no interior dunha furgoneta en Nigrán como o peor do balance das últimas horas porque "iso xa non ten solución".
Relacionadas:
-
A presidenta da Deputación pide a Núñez Feijóo o cesamento de Alfonso Rueda por "incompetente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Concentración de 'Lumes Nunca Máis' para pedir a dimisión de Núñez Feijóo
Por Redacción |
-
Meis perdeu 80 hectáreas de monte nos incendios do domingo
Por Redacción |
-
O día despois en Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade: "Isto é un desastre. Terrible"
Por Alejandro Espiño |
-
Tres días de loito oficial en Galicia: "No son 132 incendios, son 132 atentados"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Tenorio, de novo vítima dos incendios
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Ponte Caldelas, en "máxima alerta" tras declararse varios incendios
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Dous novos incendios asolan Armenteira e Caldas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada